• Estatutos

    Estatutos
  • Ficha de Socio

    Ficha de Socio

O Clube

A nosa historia é corta e comeza aló polo mes de agosto de 2006 cando uns entusiastas da pesca deportiva e da náutica deciden facer un concurso de pesca dende embarcación, e mediante unha convocatoria aberta intentar chamar a atención do pobo e dos veraneantes de Porto do Son coa intención de xuntar xente afeccionada a pesca deportiva, e desa maneira crear fíos conductores que serviran para entaboar lazos de amizade.

Tralo éxito acadado na convocatoria e comprobado transcorrido o tempo o correcto funcionamento dos fíos conductores de sentimentos de amizade, comeza a crecer a idea da constitución dunha asociación o club náutico nas cabezas dos mais ousados. Así que chegado o mes de decembro case que todo está falado e é o momento de plasmalo nun documento. Os que serán a primeira xunta directiva reúnense nunha cafetería da localidade e redactan os que serían os estatutos do club é nomean os cargos, e así comeza esta aventura brindando todos por unhas boas e felices singraduras.

Nace entón o Club coa intención de promover e fomentar o deporte e a cultura e agrupar a tódolos veciños, residentes e amigos de Porto do Son, nun espacio que parecía baleiro nesta nosa localidade e neste porto de tradición mariñeira e que destaca tamén pola súa situación na ría, como refuxio privilexiado para embarcacións dedicadas a pesca deportiva, e comeza a súa andaina cun censo de setecentos socios dos que o sesenta e cinco por cento son veciños.

Neste primeiro ano consolidamos o concurso aberto de pesca deportiva acadando un grande éxito de participación e de capturas, concurso que nos propoñemos consolidar de tal maneira que sexa referente na comarca nos meses do verán, e nos propuxemos ampliar e fomentar a participación do sector mais mozo coa intención de promover e crear una futura escola de pesca deportiva marítima.

No apartado cultural se puxeron os cimentos da nova revista do Club, desenrolouse esta páxina web e publicouse un libro, todo elo dentro da nosa idea do fomento da cultura xa que non todo a de ser ocio deportivo.

Así que tan soo nos queda darvos a benvida e invitarvos a que pasedes a visitarnos tanto por esta páxina como polo porto para que vexades como imos crecendo, e desexamos que tanto esta páxina como as nosas actividades sexan do voso interese.

A Xunta Directiva

  • Estatutos

    Estatutos
  • Ficha de Socio

    Ficha de Socio