O 17 de xullo de 2008 celebramos co patrocinio da CAIXA DE AFORROS DE GALICIA e a colabouración do CONCELLO DE PORTO DO SON un concurso de pesca que tentamos en chamar
PRIMEIRO CONCURSO DE PESCA INFANTIL DENDE O PEIRAO.
Puxemos un cupo de 100 participantes que repartimos en tres categorías segundo a idade, e decidimos que fose aberto a todo rapaz/a que quisexe disfrutar dunha tarde de pesca no peirao e si a sorte acompañaba nos demostrase as súas habilidades coa cana.
Pouco temos que decir do éxito de participación ó ser limitado o cupo, pero o que sí nos sorprendeu foi a rapidez con que se acadou o peche da convocatoria, cen rapaces/as e uns cantos mais en lista de espera ao pouco da pertura da inscrición.
Non facía falla levar cana, a todos entregámoslles unha perfectamente aparellada, unha bolsa de carnada, aínda que cada quen podía levala súa, a correspondente gorra para non tentalo sol e unha camiseta amarela como distinción de ser concursante, e por diante hora e media de dura competición en busca do cupo mais grande, posto que se premiaba ao maior peso acadado. Dez foron os monitores que controlaron en todo momento que as cousas foran polo seu cauce, dez experimentados pescadores que axudaban a poñer a carnada, ou empatar anzois ou plomos, ou incluso dar a primeira clase de cómo se colle unha cana. Os pequenos ademais podían estar arroupados por un familiar acompañante e iso fixo tamén que moitos pais e abós estiveran concentrados na superficie da auga ou na punteira da cana… pero o importante era participar. No remate un bocata, unha botella de auga e unha mazá.
Despois da pesada estes foron os resultados deste primeiro concurso:
Na categoría de infantís que participaban nenos/as de 10 a 14 anos os destacados foron por esta orde:
LUIS MOREIRA FAJARDO
DANIEL ABEIJON VILA
ANTONIO LAGO CARRERA
Entregou os trofeos o presidente do Club Náutico don Manuel Queiruga
En benxamíns participaban nenos/as de 7 a 9 anos, os destacados foron por este orde:
IVAN BREA SAMPEDRO
IVAN ROZAS BERMUDEZ
JORGE RODRIGUEZ CALO
Entregou os trofeos o director da Caixa Galicia da localidade don Juan
E na categoría de alevíns que participaban nenos/as de 4 a 6 anos os destacados foron por este orde:
YAGO PAULOS TORRES
PABLO SANLES LEMA
ZAIRA QUEIRUGA LOJO
Entregou os trofeos a concellala de dona
Ao remate cada un marchou ca cana do concurso, e ademais dos trofeos para os destacados co seu momento de groria no “podium” un remate espectacular da xornada sorteando entre tódolos participantes ¡tres estupendas bicicletas!.
Eiquí vos deixamos un pequeño reportaxe que podedes baixar tamén na sección galerías